lunes, 11 de abril de 2016

TEMPO DE PLANTAR E SEMENTAR

Coa chegada da primavera tamén chega o tempo de plantar e sementar, e os nenos de infantil non quixeron perder esta experiencia.
Axudaron ao profe encargado do invernadoiro e plantaron cebolas, leitugas, tomates... coas que logo Montse, a nosa cociñeira, fará deliciosas e saúdables ensaladas, cremas de verduras, guisos...Ummm que rico!!!




CONTACONTOS

A semana pasada o xoves día 7 os nenos de infantil, gracias a editorial SM, asisitimos a unha sesión de contacontos moi especial, na nosa biblioteca.
Nati Natillas, actriz da compañía de teatro Sarabela, contounos un conto fermoso sobre os animais e a chegada da primavera.