miércoles, 30 de marzo de 2016

MURAL SOBRE OS TRANPORTES

Como o segundo trimestre foi un pouco curto non terminamos a unidade dos transportes, por eso neste trimestre seguimos con este tema que tanto lles gusta.
Estamos realizando un mural colectivo entre todos para logo clasificar distintos medios de transporte en terrestres, marítimos e aéreos.

Mencía, Hugo e Iván pintando.

DÍA DO PAI

Este ano o día do pai coincidiu coas vacacións de S.Santa, por eso o último día de clase antes das vacacións os nenos levaron para casa o regalo para darllo ao papá o seu día.
As semanas anteriores todos traballaron con moita ilusión no seu regalo, que este ano foi un orixinal "Rasca e Gana", que tiña premio asegurado!! Espero que vos gustara moito, e parabéns a todos os papás!




viernes, 18 de marzo de 2016

MARCHAMOS DE VACACIÓNS

Hoxe estamos moi contentos porque nos imos de vacacións de Semana Santa. Rematamos este segundo trimestre moi contentos porque seguimos aprendendo e avanzando, pero agora nós e as nosas profes precisamos un descanso. Ata a volta!!!


FELICES PASCUAS A TOD@S!!!!!!

OBRADOIRO DE QUEIXO

Hoxe os máis pequenos de colexio fixemos un obradoiro de queixo no albergue de Vilar de Santos " A Escola", con Felipe, Cristina e Sandra que nos explicaron moi ben todos os pasos para fabricar este alimento tan saludable para nós.


  • Primeiro ordeñamos a "Morena" para sacar o leite. Parece ser que o leite destas vacas de raza morena é mellor porque contén máis vitaminas.
Aarón ordeñando a "Morena"
  • Despois puxemos o leite ao lume nunha pota xigante porque empregamos 15litros para fabricar os nosos queixos.
  • Esperamos a que o leite se quentara a 38 grados e para sabelo empregamos un súper termómetro. Mentres preparamos o callo, e aprendemos que o callo se obten do estómago dos animais.
Iván prerando o callo.
  • Tivemos que esperar a que o leite callara e mentres fixemos as nosas propias tarxetas para envasar os queixos.
Diseñando as etiquetas do noso queixo
  • Unha vez se acidificou o leite pasamos a cortalo e para eso empregamos as nosas mans, ben limpas, e aprendemos que para fácelo hai que meter a man cos dedos ben abertos e darlle voltas nunha mesma dirección.

Nia cortando o leite.
  •  O siguiente paso foi separar o soro do queixo, e para eso empregamos unha cuncas e un coador. O soro non se tira sirve de alimento para os becerros.

Isabel e Mencía separando o soro do queixo
  • Prensamos os nosos queixos e escurrimos o soro todo o posible. Os nosos queixos xa están casi listos...
Brayan e Eric moi traballadores prensando os seus queixos.
  • Por último envasamos os nosos queixos nuns tarros de cristal.Mirade como nos quedaron, estamos ansiosos de chegar a casa para comelo na merenda con marmelo, marmelada ou só... ten que estar boísimo!

Iván e Aarón envansando os queixo con moito coidado


jueves, 17 de marzo de 2016

COELLOS DE PASCUA

Xa nos estamos preparando para as vacación de Semana Santa.
Esta semana estamos preparando as carpetas onde imos levar todos os nosos traballos realizados no segundo trimestre para que os papis vexan o moito que traballamos e todo o que aprendimos.
Mirade que chulas nos están quedando!!!


Erik acabando de pegar os ollos
Noa toda orgullosa do seu traballo







lunes, 14 de marzo de 2016

SONIDOS DE TRANSPORTES

Comezamos a semana, hoxe vimos "Barney el camión aprendemos los sonidos de los transportes", si queredes volver velo tocar o título do cápitulo.
Despois de velo, traballamos o vocabulario sobre os transportes e a discriminación auditiva dos sonidos que fan. Os nenos escoitaban os sonidos e tiñan que adivinar de que medio se trataba, foi moi divertido e casi os acertaron todos! Son moi listos estes meniños de Rairiz!
Se queredes practicar con eles na casa aquí vos queda o vídeo.


viernes, 11 de marzo de 2016

BARCOS DE PAPEL

Seguimos traballando os medios de transpote. Hoxe aprendimos a facer un barco de papel e cantamos unha canción, si a queres escoitar preme aquí.
Para que os nenos poidan prácticar esta técnica, que é un pouco complicada para eles, pínchade no vídeo e teredes os pasos para fabricar un barco de papel cos vosos nenos.


Mírade os barcos que fíxemos no colexio hoxe pola mañá!


miércoles, 9 de marzo de 2016

COMEZAMOS AVENTURA...

Comezamos novo centro de interese, os medios de transporte, que tanto fascinan aos nenos. Aprenderemos sobre os medios que eles utilizan habitualmente e avanzaremos no coñecemento de outros que non son tan habituais na súa vida.

Hoxe traballamos co mural aspectos como:

  1. A atención; localizando os obsectos que aparecen na parte inferior do mural, con preguntas do tipo de que cor é o autobús?, nomea vehículos aéreos...
  2. Pensamento creativo; con preguntas que farías ti si estiveses nesa praia?...
  3. Lóxica- matemática; contando os barcos, as bicicletas...sinalando obxectos do mural con forma de rectángulo, medios de transporte que leven aspas... as posicións diante, atrás, entre...
  4. Comunicación en grupo; falando sobre temas relacionados coas medidas de seguridade cando se utilizan os transportes, como poñer o cinto ou casco, respeto das normas de circulación, uso do semáforo... 








martes, 8 de marzo de 2016

XOGAR COS ALIMENTOS

Xa estamos rematando a unidade sobre os alimentos e hoxe, como outros días xogamos ca pizarra dixital coa axuda de distintas actividades lim. Deixovos aqui distintos enlaces para que os nenos poidan practicar todo o aprendido que foi moito!




lunes, 7 de marzo de 2016

DESCUBRINDO OS ALIMENTOS CO MONO BUBBA

Durante os días que traballamos a unidade dos alimentos visionamos diferentes vídeos sobre este tema, un dos que máis lles gustou foi o do "Mono Bubba", para que o vexan e canten as súas cancións cando queiran queda colgado no noso blogue.


PARABENS IVAN!!!

Hoxe cumpliu anos o noso amigo Iván e para celebralo cos compañeiros da clase trouxo unha gran tarta dos Minions que comeron moi agusto. Grazas Iván e que cumplas moitos máis!!!!

miércoles, 2 de marzo de 2016

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Na clase de 4 e 5 anos estamos a traballar os alimentos e a adquisición de hábitos saudables de alimentación, xa que é un tema fundamental na vida de todas as persoas.

Por este motivo estamos traballando os principais grupos de alimentos, lácteos, cereais, froitas e verduras, carnes e peixes, doces e graxas, para que aprendan a diferenciar e clasificar cada alimento, tamén traballamos hábitos de hixiene de antes e despois de comer, e as tendas do noso barrio onde podemos acceder facilmente aos alimentos como panadaría, peixaría, canizaría, froitaría...

Para traballar esta unidade rescatei da biblioteca do centro libros relacionados coa alimentación e as tendas e deixeinos a man para que os nenos poidan follealos sempre que queiran.

Un dos que máis lles gustou foi o conto da Eiruga moi larpeira, si o queredes volver ver só lle tedes que tocar!!!


TODAS AS CASAS SON IGUAIS?

Os nenos e nenas de infantil coa axuda das nosas profes, embarcámonos nun proxecto, no cal estamos aprendendo sobre as casas do mundo.

En que se diferencian?, de que están feitas?, como son as casas por dentro?... 

Aproveitando que a nosa mascota de biblioteca, Mochileiro, este ano "viaxa" por distintos países do mundo para saber como viven os nenos noutros sitios do planeta, nós queremos saber como son as súas casas e en que se diferenzan das nosas.
Traballamos, no día da paz,  as casas do deserto do Sharara, e aprenderon que alí moitos nenos e as súas familias  viven en haimas e agora  estamos comparando as nosas casas, edificios que hai no noso entorno cós iglús que son as construccións típicas dos polos. Xa vos iremos amosando algunhas das actividades feitas polos nosos pequenos.