miércoles, 9 de marzo de 2016

COMEZAMOS AVENTURA...

Comezamos novo centro de interese, os medios de transporte, que tanto fascinan aos nenos. Aprenderemos sobre os medios que eles utilizan habitualmente e avanzaremos no coñecemento de outros que non son tan habituais na súa vida.

Hoxe traballamos co mural aspectos como:

  1. A atención; localizando os obsectos que aparecen na parte inferior do mural, con preguntas do tipo de que cor é o autobús?, nomea vehículos aéreos...
  2. Pensamento creativo; con preguntas que farías ti si estiveses nesa praia?...
  3. Lóxica- matemática; contando os barcos, as bicicletas...sinalando obxectos do mural con forma de rectángulo, medios de transporte que leven aspas... as posicións diante, atrás, entre...
  4. Comunicación en grupo; falando sobre temas relacionados coas medidas de seguridade cando se utilizan os transportes, como poñer o cinto ou casco, respeto das normas de circulación, uso do semáforo... 








No hay comentarios:

Publicar un comentario