martes, 24 de octubre de 2017

LETRA E-e

Nova semana nova letra!! Hoxe tocoulle a Isabel ser a carterira das letras e no baúl das letras viña a nova letra que tiñamos que aprender cos obxetos que levan a "letra e" no seu nome, Isabel só nos trouxo un espello, e entre todos buscamos na aula un montón de cousas que levan "e" no seu nome como un coche, un pemento, unha pera,  un peine ... Gustounos esta nova letra un montón!!!








BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de Outubro celebramos no colexio o día das bibliotecas escolares e para tal celebración os nenos de cursos máis altos viñeron a nosa aula contarnos un conto, a nós tocounos o Soldadiño de Chumbo e viñeron Sofía, Marcos e Ángel.
Logo pola tarde participamos nun mural xigante con todos os nenos do noso colexio sobre as nosos libros favoritos mírade que chulada de mural.







ANIVERSARIO DE ERIC

Hoxe o noso amigo Eric fixo 5 anos, xa é moi maior!! E para celebralo trouxonos unha tarta riquísima de galletas e chocolate que nos encantou. Moitos parabéns Eric!!







viernes, 20 de octubre de 2017

A letra O - o

O carteiro das letras, que lle tocou ser a Eric, esta semana nos trouxo a letra "O-o", cun montón de cousas que levan a letra O no seu nome como un osiño, un rotulador, unha pelota, unha botella,  un coche e un conto...
 

lunes, 9 de octubre de 2017

A LETRA A-a

Comezamos o traballo da lectoescritura na aula de 6º de infantil. Aínda que non é obxetivo desta etapa educativo o aprendizaxe da lectura e da escritura si se desenvolven actividades de pre-lectura e pre-escritura. Para fácelo máis motivador e despertar o interese dos nen@s polas letras, cando nos toque imos ser o carteiro das letras e imos traer á aula a letra que nos toca traballar e obxetos que empecen ou leven esa letra no seu nome.
Esta semana tocoulle a Emma ensinarnos a letra A-a, como xa sabemos a letra en maiúscula imos iniciarnos na minúscula. Deixos unhas fotos do inicio da actividade.