jueves, 27 de octubre de 2016

SAMAÍN

O venres desta semana o día 28 celebramos no colexio a festa de Samaín. Este ano tocanos ir disfrazados de cabaciñas, xa temos casi todo a punto. Fáremos coa axuda das mestras de infantil e da teacher de inglés o truco e traco polas aulas do colexio e tamén iremos a gardería e a residencia de anciáns. Veremos algunha curta de medo e escoitaremos na biblio relatos de medo feitos polos nenos máis maiores.
Temos o colexio chulísimo cheo de adornos terroríficos e coa nosa exposición de cabazas na entrada. Pódedes vir ver que chulas nos quedaron.










miércoles, 26 de octubre de 2016

ANIVERSARIO

Esta semana comezámola cun evento especial, o luns foi o cumpleanos do noso amigo Alex e trouxonos para merendar un biscoito caseiro de limón que estaba ummm!! riquísimo!! Non deixamos nin as miguiñas. Moitas grazas Alex e moitos parabéns!!


martes, 25 de octubre de 2016

O NOSO CORPO


 Acercase o Samaín e no colexio temos casi todo preparado para esta festa que tanto lle gusta aos nenos e aos maiores. Ademáis de facer os adornos típicos desta época e contar contos de medo, de bruxas e mostruos, tamén aproveitamos para aprender novas cousas sobre o noso corpo. 
Esta vez tocounos aprender os ósos do corpo como o cráneo, as costelas, a columna vertebral e o fémur que é o óso máis longo que temos no corpo...
Para que nos resultara máis motivador creamos un esqueleto entre todos con tubos de papel hixiénico e cantamos esta canción preme aqui .   


OUTONO

A semana pasada comezamos a traballar cousiñas sobre o outono e fíxemos unha árbore coa nosa man e para as follas estampamos coa axuda dun corcho follas empregando as cores típicas desta estación amarelo, vermello, laranxa, marrón e un pouquiño de verde. Pasamos unha tarde estupenda con este traballo.


ANIVERSARIOS

O 11 de outrubro estiveron de cumpreanos as nosas amigas Lucía e Noelia e trouxeron un biscoito boísimo que comimos entre todos. Moitos parabéns rapazas!!!





viernes, 7 de octubre de 2016

CONVIVENCIA INTERESCOLAR DE EDUCACIÓN VIAL

Xa fíxemos a primeira saída do curso! O 29 de setembro asistimos á I convivencia interescolar de educación vial que se celebrou en Xinzo de Limia. Foron os colexios de Xinzo, Vilar de Barrio, Sarreaus, Baltar... Alí montamos nos coches e nas motos da garda civil, la polícia local , de protección civil... Ademais deixáronnos tocar as sereas, pitar o claxon, acelerar as motos... Tamén tiña previsto vir un helicóptero pero por motivos de neboa non pudo ser, aínda así pasámolo xenial! Temos que decir que o ano pasado participamos nun concurso sobre un debuxo de educación vial e Brais Fernández alumno do noso colexio foi o gañador de entre todos os colexios que participaron, noraboa Brais!!



A NOSA MASCOTA

Esta semana por fin coñecemos a nosa nova mascota que nos vai acompañar neste curso.
Chámase Turi é un duende que vive nun bosque coa súa familia formada polo seu pai e os seus irmáns, Ton e Tinca. Él é o maior ten cinco anos . Ten medo que lle caian os dentes e tamén lle asusta a escuridade. Gustanlle os animais e ir á escola.
Fíxemos unha foto con Turi todos xuntos mírade que guapos saímos!!!