viernes, 25 de noviembre de 2016

XOGAMOS CO DADO

Na clase temos un dado xigante que nos axuda a traballar de maneira máis lúdica conceptos relacionados cos números, como o conteo, a asociación número- cantidade, a iniciación a suma...
Hoxe pola mañá xogamos a crear sumas co dado, por turnos tiraban o dado ao aire e na pizarra escribian a suma e debuxaban os puntiños que lle correspondían a cada número e logo contábamos os puntiños para adivinar o resultado, moi divertido!!










 

miércoles, 23 de noviembre de 2016

Letra P

Hoxe comezamos a traballar a letra P en maiscula e minuscula porque xa somos da clase dos maiores.
Para comezar adiviñaron que tiñan e común os nomes dos seguintes obxetos que fun sacando dunha caixa:

Unha plancha, un puzzle, un peine, unha pelota, unha pera.

Escribinlle os nomes na pizarra e enseguida se deron conta que todos tiñan a mesma letra no seu nome a letra P.
Buscámola no noso abecedario e puxémola no noso fanelograma das rutinas para vela todos os días.

Tamén vimos un conto desta letra se o queredes ver pinchade na palabra conto.



lunes, 21 de noviembre de 2016

VOLVER A CASA POR NADAL

Xa teño decidida a canción que imos cantar e bailar no festival de Nadal, na páxina "As nosas cancións" tedes o enlace permanente para que a escoitedes cos vosos nenos e nenas e lles resulte máis fácil memorizala. Deixo aquí escrita a letra, espero que vós guste!


VOLVER A CASA POR NADAL

Neve nas montañas
reis magos que veñen e van,
panxoliñas doces
cantamos porque é nadal.

Neve nas montañas
reis magos que veñen e van,
panxoliñas doces
cantamos porque é nadal.

En primavera hai que voar
nadar na praia no verán
pasar o outono en Nova York
volver a casa por Nadal

En primavera hai que voar
nadar na praia no verán 
pasar o outono en Nova York
volver a casa por Nadal

Chegou o tempo de soñar
sen deixarmos de xogar,
nun mundo cheo de paz
fogares cheos de amor,
Quen colleu o mando da televisión?

En primavera hai que voar
nadar na praia no verán
pasar o outono en Nova York
volver a casa por Nadal

(BIS)

(BIS)

(BIS)

(BIS)

 Todo o ano sen parar
volver a casa por Nadal

Todo o ano sen parar
volver a casa por Nadal.



miércoles, 16 de noviembre de 2016

MURAL DAS VOGAIS

Hoxe para repasar o aprendido das vogais fíxemos un mural. 
Nun papel continuo en branco os nenos e nenas tiñan que escribir as vogais en minúscula e maiúscula según o color de cada letra. Así que todos nos púxemos mans á obra.



 Unha vez rematamos o noso mural,  na PDI iba pasando imáxenes que comezaban polas vogais traballadas como un avión, unha igrexa, un elefante, un unicornio, unha araña... e os nenos por turnos tiñán que adivinar  a vogal pola que empezaba e ir ao mural, búscala e rodeala cun rotulador negro.


 

O MAGOSTO

O venres día 11 de novembro celebramos o magosto no colexio. Os nenos de infantil fíxemos un bolsiño-castaña cun brick de leite que quedou chulísimo e participamos na camiñata ata o campo da Saínza. Alí comemos, fíxemos a fogata, xogamos e pasamos un día estupendo, como pódedes observar nas fotografías.

 


viernes, 11 de noviembre de 2016

O ESPACIO

O mércores día 9 no colexio fíxemos unha actividade chulísima que nos encantou e da cal aprendimos un montón de cousas.
Asistimos a unha exposición sobre os astronautas onde nos ensinaron os traxes auténticos que utilizan, deixáronnos tocar un guante e unha bota de astronauta, vimos os cascos que utilizan e aprendimos que teñen que levar a comida deshidratada e envasada ao vacio. Que dormen en sacos de dormir pegados á parede para non flotar e que cando saen de expedición polo espacio levan pañal!
Tamén vimos maquetas das naves espaciais e da Estación Internacional Espacial... Foi unha charla moi interesante. 
Logo pola tarde visitamos un planetario que nos instalaron non ximnasio e alí ensináronnos os planetas, as estrelas, xogamos a buscar constelacións... Foi unha experiencia estupenda.





viernes, 4 de noviembre de 2016

CONTOS DO SAMAÍN

Durante estas semanas previas ao Samaín na clase traballamos distintos contos relacionados con esta temática deixovos os enlaces por si os queredes volver ver.

CORRE CORRE CABACIÑA 

UNHA PANTASMA CON ASMA 

CARABUÑAS 

A BRUXA REGAÑADENTES 

jueves, 3 de noviembre de 2016

HALLOWEEN- SAMAÍN



O venres día 28 celebramos o día de Halloween- Samaín no colexio. Pola mañá fixemos o "Trick or Treat" coa teacher de inglés e as profes de infantil, polas clases de primaria e tamén na garderia e na residencia de anciáns. Disfrazámonos de cabaciñas estábamos moi guapos. 

Pola tarde na biblioteca vimos o conto "Carabuñas" preme aquí si queres volver velo. Escoitamos os relatos de medo dos nenos de primaria. 
Asistimos á entrega de premios das cabazas, dos relatos e dos debuxos terroríficos.
Como fin de festa cantamos e bailamos ca profe Sara de música esta divertida canción
Mencía da nosa clase gañou o premio de infantil ca súa cabaza, noraboa Mercía!!!