jueves, 3 de noviembre de 2016

HALLOWEEN- SAMAÍN



O venres día 28 celebramos o día de Halloween- Samaín no colexio. Pola mañá fixemos o "Trick or Treat" coa teacher de inglés e as profes de infantil, polas clases de primaria e tamén na garderia e na residencia de anciáns. Disfrazámonos de cabaciñas estábamos moi guapos. 

Pola tarde na biblioteca vimos o conto "Carabuñas" preme aquí si queres volver velo. Escoitamos os relatos de medo dos nenos de primaria. 
Asistimos á entrega de premios das cabazas, dos relatos e dos debuxos terroríficos.
Como fin de festa cantamos e bailamos ca profe Sara de música esta divertida canción
Mencía da nosa clase gañou o premio de infantil ca súa cabaza, noraboa Mercía!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario