lunes, 30 de mayo de 2016

CONTACONTOS

Unha tarde do mes de maio visitaronnos no colexio os chicos e chicas da Ludoteca de Xinzo, Ludo3. Viñeron representarnos o conto "Monstruo de Colores", que trata sobre un monstro que ten as emocións revoltas, a alegría, o medo, a tristeza, a paciencia, o enfado... e ten que poñer cada emoción no seu sitio para poder sentirse ben consigo mesmo e cos demais. 


 

AS ESTRELAS

Hoxe comezamos unidade nova, este é un momento idóneo para explicar aos nenos a inmensidade do espazo exterior, as estrelas, os planetas...
Por eso nesta unidade imos centrarnos nestes conceptos ademais de facer un repaso dos valores que foron aprendendo, como o esforzo, a curiosidade por aprender, o coidado polo traballo, o respeto aos amigos e aos mestres, as normas...
Hoxer para empezar observamos o mural da unidade e escoitamos a canción dos planetas, pincha aquí.

martes, 24 de mayo de 2016

CUMPLEANOS DE BRUNO

Hoxe na clase estuvo de aniversario Bruno xa ten 5 anos!!! E trouxo para compartir e celebrar cos seus compañeiros unhas ricas galletas que prepararon él e a súa mamá. Parebéns Bruno!!!



 

lunes, 23 de mayo de 2016

Letras Galegas 2016

Os nenos de infantil traballamos a poesía do Arco da Vella de Manuel María autor ao que se lle adicaron as Letras Galegas do 2016.
Cada neno debuxou e pintou un arco da vella e creamos un libro e unha película con todos, aprendemos e cantamos a poesía e ese día na biblioteca do colexio mostramoslla a todos os nosos amigos.




CONTACONTOS

O venres 20 grazas a editorial vicens-vives na biblioteca do noso colexio tuvemos unha contacontos que nos dramatizou dous contos estupendos, foi unha tarde xenial disfrutamos moitísimo. Si queredes votar unha ollada a súa páxina web pinchade aqui.




       

MAMACABRA

O xoves 19 os nenos de infantil e as súas mestras asistimos no auditorio de Ourense a unha función músical títulada "15 primaveras" de Mamacabra.
Aproveitando o bo tempo decídimos quedar a comer de pinic no Parque do Miño e xogar ao aire libre, pasamos un día estupendo.



 

jueves, 12 de mayo de 2016

OS ANIMAIS MARIÑOS

Comezamos nova unidade e os nenos de catro anos van aprender sobre os animais do fondo do mar.
O mar é un gran descoñecido para nós por eso nos gusta aprender sobre os seres vivos que viven nel, desde plantas a toda clase de peixes.
Para introducir esta unidade tan xenial pedínlle aos nenos fotografías con algún peixe e Hugo trouxo unha fotografía xenial cun golfiño.
Gracias Hugo por compartila con todos nós!!!


DIA DO LIBRO

Para celebrar o día do libro os nenos de infantil xunto cos nenos do primeiro ciclo de primaria acompañados da profe de música cantamos a  canción de "Don Quijote de la Mancha"de Juan Muñoz, xa que este ano se celebraba o cuarto centenario da morte de Cervantes, quixemos rendir unha homenaxe a novela máis importante que se escribiu no noso país.
Si queredes escoitala pincha aqui.


lunes, 9 de mayo de 2016

PLANTAMOS NO INVERNADOIRO

Seguimos plantando no invernadoiro as nosas plantas, estes días a profe Lola trouxo un montón de plantas e sementes: amorodos, cenorias, menta, herba luisa, perexil... 
Antes de plantar preparamos a terra, cavamos e botamos abono, e na aula fixemos uns carteis para identificar as nosas plantas.
Agora todos os días visitamos a nosa pequena plantación e miramos como crecen, regámolas se nencesitan auga e estamos deseando que nazcan os primeiros amorodos para cómelos!!!




PARABENS MAMA!!!

Hai uns días no colexio os nenos de infantil fixeron unha orixinal pulseara con botóns e fío de silicona para regalarlla a súa nai polo día da nai. As profes de infantil esperamos que vos gustarán!!!