martes, 21 de noviembre de 2017

E TIRO POR QUE ME TOCA!!!

Hoxe xogamos ao xogo da Oca ca sílaba pa-pe-pi-po-pu. Así o aprendizaxe la lectura é moito máis divertido e lúdico ademáis tamén traballamos os números e o conteo co dado, aprendemos a respetar as normas e a esperar o noso turno... unha actividade do máis completa e motivadora para os cativos!!!



 

martes, 14 de noviembre de 2017

MAGOSTO

O venres día 10 de Novembro celebramos o magosto no colexio. Saímos todos andando ao campo da Saínza onde comemos a comida típica destas festas, empanada, bocata de chourizo, lacón asado, e as castañas. Pasamos unha xornada estupenda cos profes e cos amigos. Na aula os días previos traballamos sobre este froito de outono e visionamos contos como o da Castañera e a Castaña que rebentou de risa. Ademais tamén preparamos uns curuchos para poder coller as castañas sin queimarnos.





 

LETRA P-p

Empezamos nova semana e nova letra, xa rematamos as vogais e imos coas consonates! Estes rapaces van coma motos coas letras!
Dani foi o encargado de traer o baúl das letras cargadiño de obxetos coa letra p, e ademais vimos un vídeo do mono MONOSILABO aqui queda o enlace para que o os nenos o poidan ven nas casas MONOSILABO


LETRA U-u

A semana pasada tocoulle a Ariana ser a carteira das letras e nos trouxo o baúl das letras cheo de cousas que teñen no seu nome a letra u: iogurt, muñeca, pulsera, paraugas...

 

jueves, 2 de noviembre de 2017

Samaín - Halloween

O mércores 31 celebramos no colexio a festa do Samaín. Pola mañá preparamos unhas recetas monstruosas para logo degustalas pola tarde no patio nunha festa con todos os nenos do colexio. Tamén nos disfrazamos de monstruos e fixemos o "Truco e Trato" no concello e na residencia de anciáns onde nos deron moitas chuches. Pola tarde na biblioteca entregamos os premios as cabazas ganadoras e a profe Rubina contounos o conto de Hansel y Gretel en inglés, por certo o ganador da nosa clase do concurso de cabazas foi Tiago! Noraboa! Pásamos un día estupendo.









 

A Letra I- i

Esta semana tocoulle ser o carteiro das letras a Samuel e trouxonos un montón de obxetos  que no seu nome teñen a letra i como un libro, unha mochila,  un imán... Esta letra parécenos moi divertida e traballamos moito esta semana ca letra I-i.