jueves, 2 de noviembre de 2017

Samaín - Halloween

O mércores 31 celebramos no colexio a festa do Samaín. Pola mañá preparamos unhas recetas monstruosas para logo degustalas pola tarde no patio nunha festa con todos os nenos do colexio. Tamén nos disfrazamos de monstruos e fixemos o "Truco e Trato" no concello e na residencia de anciáns onde nos deron moitas chuches. Pola tarde na biblioteca entregamos os premios as cabazas ganadoras e a profe Rubina contounos o conto de Hansel y Gretel en inglés, por certo o ganador da nosa clase do concurso de cabazas foi Tiago! Noraboa! Pásamos un día estupendo.









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario