martes, 23 de enero de 2018

MERENDAS SAÚDABLES

O noso colexio apúntouse a un progama saúdable de alimentación e durante dúas semanas consecutivas na hora da merenda todos os nenos e nenas do colexio tomamos leite ecolóxico nas merendas de media mañá que nos prepara Montse, a nosa cociñeira, quentiño. Como nos presta!!!
 

LETRA Ñ- ñ

Esta semana foi Samuel o carteiro das letras que nos trouxo a nova letra coa que imos traballar durante unha semana neste caso foi a "ñ". No baúl das letras touxo vairos obxetos que levan no seu nome esta letra como: araña, bañeira, muñeco...
 

lunes, 8 de enero de 2018

NADAL

A época do Nadal gustanos moito e preparamos sempre un montón de actividades que nos motivan mentres o facemos escoitamos panxoliñas, preparamos as carpetas para levar os traballiños do trimestre, escribímoslle a carta aos reis magos, tuvimos unha saída a Ourense,fixemos un adorno navideño para colgar na árbore das nosas casas, aprendemos a canción "Xa me tardan estes magos" de Mamá Cabra para o festival de Nadal do colexio, si a queredes escoitar pinchade neste enlace. Para que vexades canto nos gusta esta época deixovos un monton de momentos en fotografías.






CALENDARIO

Como vimos facendo dende hai uns anos estamos preparando o calendario do ano 2018 para que as familias os teñan na súas casas, mírade que guapísimos saliron os nenos da clase dos maiores de infantil. 

 

FROITOS SECOS

Na época do outono, dedicamoslle varios días a traballar cos froitos secos típicos da época. Trouxeron á clase froitos como castañas, amédoas, abelás, pistachos, piñóns, noces, pipas de cabaza... A parte de probalos que están boísimos e son sanísimos, tamén lle dimos outras utilidades, aprendemos conceptos matemáticos, clasificalos por tamaños, fixemos agrupamentos, sumas, utilizámolos en actividades artísticas.... Deíxovos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos.



 

O CARTEIRO DAS LETRAS

Seguimos aprendendo novas letras e sílabas para perfeccionar a lectura e a verdade é que se lle da moi ben a estes nen@s. Nía trouxonos a letra L, Tiago a M e Emma a letra S. Todos trouxeron un montón de obxetos que teñen estas letras nos seus nomes.