lunes, 5 de diciembre de 2016

LETRA M

Hoxe introducimos consonante nova a letra M.
O venres a Mencía tocoulle levar a caixa das letras e dentro tiña que traernos entre 3 e 5 obxetos que empezaran o levaran M no seu nome. Hoxe na hora de lectoescritura abrimos a caixa das letras e Mencía mostrounos a todos os obxetos e adivinamos que se trataba da letra M.
Tamén escoitamos o conto da letra M, pódedes volver escoitalo premendo na palabra conto.


Unha madalena

Unha máraca

Unha mochila

Un monedero

jueves, 1 de diciembre de 2016

5 FROITAS E VERDURAS AO DÍA

Seguimos traballando sobre a importancia de comer a diario froitas e verduras e decidimos elaborar un mural para colocalo no comedor e que todos os nenos e nenas do colexio recorden todos os días o noso lema "Cinco ao día".
No fin de semana os cativos tuveron que recortar froitas e verduras e tráelas ao colexio e durante a semana traballamos con elas, primeiro clasificamolas según foran froitas ou verduras, falamos sobre elas explicando características e aprendemos nomes novos dalgunhas que non coñecíamos. 
O mural quedounos chulísimo e a profe escribiu unha poesía que inventamos entre todos:

Para vivir ben
froias e verduras 
terás que comer.
Cinco ao día
tes que papar,
si forte e san
queres medrar!! 




SOMOS COCIÑEIROS

Estamos traballando as formas de coidar o noso corpo e un dos aspectos máis importantes e ter unha axeitada alimentación.
Estes días falamos da importancia de tomar 5 racións ao día de froitas e verduras. Hoxe para motivar aos meus cativos sobre a impotancia de tomar estes alimentos fixemos de cociñeiros e elaboramos a nosa propia merenda a base de froita.
Partimos do conto da "Eiruga Larpeira" e vimos como a eiruga enfermeba da barriga por abusar de alimentos pouco saludables. Aproveitamos o conto para recordar os días da semana, e fixemos actividades de conteo, contando as froitas que comía ao longo da semana. Despois púxemos máns a masa! 
Primeiro lavamos as mans, observamos os ingredientes que todos coñecían e a maioría os probarán e elaboramos unha eiruga con uvas, fresas e chocolate encantoulles a casi todos!!!(a outros as froitas non lle fan moita graza).