jueves, 1 de diciembre de 2016

SOMOS COCIÑEIROS

Estamos traballando as formas de coidar o noso corpo e un dos aspectos máis importantes e ter unha axeitada alimentación.
Estes días falamos da importancia de tomar 5 racións ao día de froitas e verduras. Hoxe para motivar aos meus cativos sobre a impotancia de tomar estes alimentos fixemos de cociñeiros e elaboramos a nosa propia merenda a base de froita.
Partimos do conto da "Eiruga Larpeira" e vimos como a eiruga enfermeba da barriga por abusar de alimentos pouco saludables. Aproveitamos o conto para recordar os días da semana, e fixemos actividades de conteo, contando as froitas que comía ao longo da semana. Despois púxemos máns a masa! 
Primeiro lavamos as mans, observamos os ingredientes que todos coñecían e a maioría os probarán e elaboramos unha eiruga con uvas, fresas e chocolate encantoulles a casi todos!!!(a outros as froitas non lle fan moita graza).








No hay comentarios:

Publicar un comentario