viernes, 11 de noviembre de 2016

O ESPACIO

O mércores día 9 no colexio fíxemos unha actividade chulísima que nos encantou e da cal aprendimos un montón de cousas.
Asistimos a unha exposición sobre os astronautas onde nos ensinaron os traxes auténticos que utilizan, deixáronnos tocar un guante e unha bota de astronauta, vimos os cascos que utilizan e aprendimos que teñen que levar a comida deshidratada e envasada ao vacio. Que dormen en sacos de dormir pegados á parede para non flotar e que cando saen de expedición polo espacio levan pañal!
Tamén vimos maquetas das naves espaciais e da Estación Internacional Espacial... Foi unha charla moi interesante. 
Logo pola tarde visitamos un planetario que nos instalaron non ximnasio e alí ensináronnos os planetas, as estrelas, xogamos a buscar constelacións... Foi unha experiencia estupenda.





No hay comentarios:

Publicar un comentario