viernes, 18 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE QUEIXO

Hoxe os máis pequenos de colexio fixemos un obradoiro de queixo no albergue de Vilar de Santos " A Escola", con Felipe, Cristina e Sandra que nos explicaron moi ben todos os pasos para fabricar este alimento tan saludable para nós.


  • Primeiro ordeñamos a "Morena" para sacar o leite. Parece ser que o leite destas vacas de raza morena é mellor porque contén máis vitaminas.
Aarón ordeñando a "Morena"
  • Despois puxemos o leite ao lume nunha pota xigante porque empregamos 15litros para fabricar os nosos queixos.
  • Esperamos a que o leite se quentara a 38 grados e para sabelo empregamos un súper termómetro. Mentres preparamos o callo, e aprendemos que o callo se obten do estómago dos animais.
Iván prerando o callo.
  • Tivemos que esperar a que o leite callara e mentres fixemos as nosas propias tarxetas para envasar os queixos.
Diseñando as etiquetas do noso queixo
  • Unha vez se acidificou o leite pasamos a cortalo e para eso empregamos as nosas mans, ben limpas, e aprendemos que para fácelo hai que meter a man cos dedos ben abertos e darlle voltas nunha mesma dirección.

Nia cortando o leite.
  •  O siguiente paso foi separar o soro do queixo, e para eso empregamos unha cuncas e un coador. O soro non se tira sirve de alimento para os becerros.

Isabel e Mencía separando o soro do queixo
  • Prensamos os nosos queixos e escurrimos o soro todo o posible. Os nosos queixos xa están casi listos...
Brayan e Eric moi traballadores prensando os seus queixos.
  • Por último envasamos os nosos queixos nuns tarros de cristal.Mirade como nos quedaron, estamos ansiosos de chegar a casa para comelo na merenda con marmelo, marmelada ou só... ten que estar boísimo!

Iván e Aarón envansando os queixo con moito coidado


No hay comentarios:

Publicar un comentario