miércoles, 2 de marzo de 2016

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA

Na clase de 4 e 5 anos estamos a traballar os alimentos e a adquisición de hábitos saudables de alimentación, xa que é un tema fundamental na vida de todas as persoas.

Por este motivo estamos traballando os principais grupos de alimentos, lácteos, cereais, froitas e verduras, carnes e peixes, doces e graxas, para que aprendan a diferenciar e clasificar cada alimento, tamén traballamos hábitos de hixiene de antes e despois de comer, e as tendas do noso barrio onde podemos acceder facilmente aos alimentos como panadaría, peixaría, canizaría, froitaría...

Para traballar esta unidade rescatei da biblioteca do centro libros relacionados coa alimentación e as tendas e deixeinos a man para que os nenos poidan follealos sempre que queiran.

Un dos que máis lles gustou foi o conto da Eiruga moi larpeira, si o queredes volver ver só lle tedes que tocar!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario