martes, 2 de febrero de 2016

DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Este ano para celebrar o Día Escolar da non Violencia e da Paz, desde a biblioteca escolar, propuxéronnos que coa axuda da nosa mascota da bilblioteca Mochileiro, "viaxáramos" a un país que estuvera nunha situación desfavorecida e aprenderamos como é o día a día dos nenos que viven nesas situacións límites.

 As profes dos nen@s de infantil decidiron "viaxar" a África, concretamente a zona do Sahara, e aprender sobre un neno chamado Abdel,  que no verán ven pasar uns días a Rairiz gracias ao programa solidario de Vacacións en Paz... Moi atentos ao seguinte video para que vexades todo o que aprendemos.

Pola tarde participamos na actividade "Mans de cores pola Paz", estampamos as nosas mans nas columnas do colexio en símbolo da Paz e todo o colexio bailou ao mismo ritmo coa canción "El mismo sol" de Álvaro Soler. Preme aqui si queres escoitar a canción e ponte a bailar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario